top of page
 

Bases 2º Concurso de Vídeo-Móbil.

 

Asociación Queremos Galego Marín

 

1. A Asociación Queremos Galego Marín organiza este concurso de vídeo realizado con teléfono móbil para a promoción e dinamización do idioma galego.

2. O vídeo presentado a concurso deberá sensibilizar sobre a importancia do uso do idioma galego en calquera ámbito, nomeadamente no relativo á oralidade.

3. O vídeo deberá estar integramente en lingua galega. Valorarase a corrección lingüística nos planos oral e escrito.

4. O vídeo deberá ter unha extensión máxima de 3 minutos.

5. @s participantes deberán presentar as súas gravacións antes do 26 de xuño en calquera formato de vídeo no enderezo electrónico de queremosgalegomarin@gmail.com, indicando o nome e teléfono de contacto da persoa ou persoas que realizan o vídeo.

6. O xurado estará formado por persoas do mundo teatral e audiovisual de Galicia e por membros da xunta directiva da Asociación Queremos Galego Marín.

7. Concederanse tres premios: o primeiro de 100€, o segundo de 75€ e un terceiro de 50€, mais un lote de libros para cada un. O xurado poderá considerar o premio deserto.

8. A entrega dos premios efectuarase durante o acto de celebración dos Premios Lingua que cada ano organiza a Asociación Queremos Galego Marín.

9. A participación neste concurso implica a aceptación das súas bases. @s participantes serán @s responsábeis de calquera reclamación por dereitos de imaxe ou son que aparezan no vídeo. De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos Persoais, @s participantes dan o seu consentimento para o tratamento dos datos persoais facilitados á Asociación Queremos Galego Marín relacionados coa xestión do concurso.

bottom of page